MELLOR ACTOR
FRANCISCO PIÑEIRO DA COMPAÑÍA O BORDELO POLA MONTAXE "O MARIÑAN"
MELLOR ACTRIZ
LUCÍA GONZÁLEZ DA COMPAÑÍA O TRASNO POLA MONTAXE "D2N2-3"
MELLOR MONTAXE
COMPAÑIA CENTRO DE MAIORES OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA DE A CORUÑA POLA MONTAXE "YERMA"
PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO
COMPAÑÍA O BORDELO POLA MONTAXE "O MARIÑAN"
lunes, 31 de marzo de 2008
domingo, 23 de marzo de 2008
ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN MOSTRA
O Concello agarda que a IV Mostra de Teatro Afeccionado concite a mil espectadores
A IV Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Sada desenvolverase entre os días 22 e 30 de marzo. Entre ambas as dúas datas, un total de seis compañías levarán a escena as súas obras no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns. A entrada para os espectáculos, nos que participarán 37 actores, será gratuíta.
17 de marzo de 2008 As compañías que competirán no certame son as seguintes: Teatro Avresno de Moaña (Pontevedra), Teatro Bornelo de Cervo (Lugo), Teatro A Adala de Lugo, Teatro O Trasno de Vigo, Teatro Centro de Maiores Obra Social Caixa Galicia da Coruña e Teatro Atlántida de Matamá (Vigo).A presentación da mostra tivo lugar hoxe ás 12.00 horas e na mesma participaron o Alcalde de Sada, o nacionalista Abel López, o concelleiro Carlos Babío e o actor de teatro e televisión Fernando Morán, que reside en Sada.Durante a súa intervención, López Soto destacou a aposta do Goberno local por promover a actividade teatral "porque así o demanda a cidadanía de Sada acudindo masivamente a todas as representacións teatrais que se programan no municipio".Neste sentido, destacou a importancia de potenciar o teatro afeccionado "porque é a base desta arte escénica", e lembrou que o certame coincide co Día Internacional do Teatro, que se celebra o 23 de marzo. Tamén aclarou que as previsións do Concello son que un total de mil espectadores asistan ás diferetentes representacións da IV Mostra de Teatro Afeccionado.Fernando Morán, pola súa banda, agradeceu ao Concello os esforzos que está a realizar por impulsar o teatro no municipio sandense. Tamén recordou que, lonxe do que puidera parecer, "o teatro afeccionado ten un gran valor porque moitas veces o que falta no teatro profesional é precisamente a afección que demostran actores como os que van participar nesta mostra".Este certame conta cun orzamento "duns 10.000 euros", según explicou Abel López, e repartirá 2.100 euros en catro premios: 1.000 para o mellor espectátulo, 300 para o mellor actor, 300 para a mellor actriz e 500 para o premio do público.A compañía Teatro Atlántida de Matamá abrirá o certame o día 22 de marzo coa representación da obra ‘O polbo morto’ a partir das 19.30 horas. O día 23 corresponderalle o turno a Teatro Avresno, que levará a escena a creación ‘Historias íntimas do Paraíso’, tamén a partir das 19.30 horas.A compañía Teatro Centro de Maiores Obra Social de Caixa Galicia representará ‘Yerma’ o día 26 ás 20.30 horas; Teatro o Trasno presentará o 27 ‘D2N2’ no mesmo horario; Teatro Bornelo escenificará a obra ‘O Mariñandía’ o 28 (20.30 horas) e pechará o certame o día 29 a compañía Teatro A Adala levando a escena ‘A derradeira batalla do marqués de Sargadelos’. Neste caso, a función principiará ás 19.30 horas.O día 30 de marzo terá lugar a clausura a IV Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Sada e procederase á entrega de premios. Ese mesmo día, a compañía de Teatro ‘A lembranza’ de Sada presentará dúas obras fora de concurso: ‘El cuartito de hora’ e ‘A qué venía yo’.

lunes, 17 de marzo de 2008
martes, 19 de febrero de 2008
jueves, 14 de febrero de 2008
COMPAÑÍAS SELECCIONADAS PARA A MOSTRA
-TEATRO AVRESNO de Moaña (Pontevedra) coa obra: HISTORIAS INTIMAS DO PARAISO DÍA 23 DE MARZO AS 19:30 HORAS
-TEATRO O BORDELO de Cervo (Lugo) coa obra: O MARIÑANDÍA 28 DE MARZO AS 20:30 HORAS
-TEATRO A ADALA de Lugo coa obra: A DERRADEIRA BATALLA DO MARQUÉS DE SARGADELOS 29 DE MARZO AS 19:30 HORAS
-TEATRO O TRASNO de Vigo coa obra: D2N2-3 O DÍA 27 DE MARZO AS 20:30 HORAS
-TEATRO CENTRO DE MAIORES OBRASOCIAL CAIXA GALICIA de A Coruña coa obra: YERMA O DÍA 26 DE MARZO AS 20:30 HORAS
-TEATRO ATLANTIDA DE MATAMA de Vigo coa obra: O POLBO MORTO O DÍA 22 DE MARZO AS 19:30 HORAS
- TEATRO A LEMBRANZA (FORA DE CONCURSO) coas obras : “EL CUARTITO DE HORA” “A QUE VENÍA YO” O DÍA 30 DE MAROZO AS 19:30 HORAS, DÍA DA CLAUSURA DA MOSTRA E DA ENTREGA DE PREMIOS

viernes, 18 de enero de 2008
BASES
1º/.- Poderán concursar todos os grupos afeccionados dá comunidade autónoma de Galicia . Cada grupo presentará a concurso o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha. Non se poderán presentar a concurso obras seleccionadas en edicións anteriores deste certame.
2º/.- A presentación das obras realizarase mediante escrito no que deberá constar: Titulo do espectáculo/autor Sinopsis Duración Reparto Características técnicas (medidas da escenografía, plano de luces, etc.) Así mesmo, xunto con estes datos os participantes deberán sinalar os datos postais da persoa responsable: Nome e apelidos Dirección Teléfonos Correo electrónico
3º/.- Será imprescindible xunto coa inscrición achegar un vídeo completo do espectáculo en formato VHS ou DVD (copia nunca orixinal) que será devolto pola organización aos participantes. Por parte do grupo ou compañía acéptase a difusión de imaxes ou a difusión da totalidade das obras presentadas.
4º/.- Xunto coa inscrición deberase achegar toda a documentación do Grupo ou compañía que se posúa: Historia da Compañía ou Grupo, Críticas de prensa, Certames aos que concorreu............etc; Fotografía en cor do espectáculo O prazo de inscrición conclúe o 15 de febreiro de 2008. Non se manterá correspondencia acerca das decisións do xurado.
5º/.- Por parte da Organización realizarase unha selección de espectáculos que conformarán a Mostra denominada “IV MOSTRA DE TEATRO GALEGO AFECCIONADO CONCELLO DE SADA, PREMIOS LUGRIS FREIRE”
6º/.- A organización resérvase o dereito de incluír ata un máximo de tres espectáculos realizados por grupos de teatro locais de forma directa no certame.
7º/.- Serán por conta dos grupos participantes a autorización do autor e os dereitos de representación das obras presentadas.
8º/.- O Concello de Sada establece os seguintes premios:
Premio ao mellor espectáculo .................... 1.000 €
Premio ao mellor actor ................................. 300 €
Premio á mellor actriz .................................. 300 €
Premio do Público, por votación deste ....... 500 €
9º/O premio ao mellor actor/actriz será entregado ao propio actor/actriz. Os premios cuxos receptores sexan persoas físicas (non asociacións legalmente constituídas nin grupos culturais) poderán ser obxecto das retencións dispostas pola Facenda Pública.
10º/.- Os grupos seleccionados que participen na mostra provenientes de Sada non poderán participar no Premio do Público.
11º/.- O Concello de Sada abonará as seguintes cantidades para os grupos de teatro seleccionados por concepto de dietas e quilometraxe:
- 200 € para grupos de ata 50 Km.
- 400 € para grupos de ata 200 Km. 12º/.
12º/ O Xurado será nomeado polo Concello de Sada e estará composto por persoas con sobrada experiencia no mundo do Teatro. A súa decisión será inapelable.
13º/.- Os equipos técnicos serán dispostos polo Concello deSada , que disporá do mesmo material para todos os grupos. Este material será o seguinte:
-10 PC de 1000 W con filtros
- Mesa de Regulación
- Reprodutor de CD
- Reprodutor de casette
- Amplificador e equipo de saída
- Un técnico para o seu manexo En ningún caso realizaranse representacións con voz amplificada por microfonía.
14º/.- Todas as representacións realizaranse no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens. A organización poderá cambiar o lugar de representación se circunstancias de forza maior, como realización de reformas, ou ben outra ocupación do espazo por motivos de urxencia ou imperioso necesidade fixéseno imprescindible.
15º/.- Os labores de carga/descarga e montaxe/desmonte de decorados e escenografía serán realizadas por persoal da Compañía ou grupo.
16º/.- Todos os participantes, polo mero feito de selo aceptan as presentes bases na súa totalidade. Envío obras a:
IV MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE SADA
CONCELLARÍA DE CULTURA DO ILMO. CONCELLO DE SADA
CONCELLO DE SADA Avda. DA MARIÑA Nº 25
15160 SADA (A Coruña)
Teléfono: 981 62 03 31 Fax: 981 62 43 08
e-mail: oswaldocultura@terra.es
DATAS DA IV MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE SADA DO DOMINGO 22 AO 30 DE MARZO DE 2008

Suscribirse a:
Entradas (Atom)