lunes, 31 de marzo de 2008

GAÑADORES DOS PREMIOS LUGRIS FREIRE DA IV MOSTRA DE TEATRO

MELLOR ACTOR
FRANCISCO PIÑEIRO DA COMPAÑÍA O BORDELO POLA MONTAXE "O MARIÑAN"

MELLOR ACTRIZ
LUCÍA GONZÁLEZ DA COMPAÑÍA O TRASNO POLA MONTAXE "D2N2-3"

MELLOR MONTAXE
COMPAÑIA CENTRO DE MAIORES OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA DE A CORUÑA POLA MONTAXE "YERMA"

PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO
COMPAÑÍA O BORDELO POLA MONTAXE "O MARIÑAN"

domingo, 23 de marzo de 2008

ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN MOSTRA


O Concello agarda que a IV Mostra de Teatro Afeccionado concite a mil espectadores
A IV Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Sada desenvolverase entre os días 22 e 30 de marzo. Entre ambas as dúas datas, un total de seis compañías levarán a escena as súas obras no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns. A entrada para os espectáculos, nos que participarán 37 actores, será gratuíta.
17 de marzo de 2008 As compañías que competirán no certame son as seguintes: Teatro Avresno de Moaña (Pontevedra), Teatro Bornelo de Cervo (Lugo), Teatro A Adala de Lugo, Teatro O Trasno de Vigo, Teatro Centro de Maiores Obra Social Caixa Galicia da Coruña e Teatro Atlántida de Matamá (Vigo).A presentación da mostra tivo lugar hoxe ás 12.00 horas e na mesma participaron o Alcalde de Sada, o nacionalista Abel López, o concelleiro Carlos Babío e o actor de teatro e televisión Fernando Morán, que reside en Sada.Durante a súa intervención, López Soto destacou a aposta do Goberno local por promover a actividade teatral "porque así o demanda a cidadanía de Sada acudindo masivamente a todas as representacións teatrais que se programan no municipio".Neste sentido, destacou a importancia de potenciar o teatro afeccionado "porque é a base desta arte escénica", e lembrou que o certame coincide co Día Internacional do Teatro, que se celebra o 23 de marzo. Tamén aclarou que as previsións do Concello son que un total de mil espectadores asistan ás diferetentes representacións da IV Mostra de Teatro Afeccionado.Fernando Morán, pola súa banda, agradeceu ao Concello os esforzos que está a realizar por impulsar o teatro no municipio sandense. Tamén recordou que, lonxe do que puidera parecer, "o teatro afeccionado ten un gran valor porque moitas veces o que falta no teatro profesional é precisamente a afección que demostran actores como os que van participar nesta mostra".Este certame conta cun orzamento "duns 10.000 euros", según explicou Abel López, e repartirá 2.100 euros en catro premios: 1.000 para o mellor espectátulo, 300 para o mellor actor, 300 para a mellor actriz e 500 para o premio do público.A compañía Teatro Atlántida de Matamá abrirá o certame o día 22 de marzo coa representación da obra ‘O polbo morto’ a partir das 19.30 horas. O día 23 corresponderalle o turno a Teatro Avresno, que levará a escena a creación ‘Historias íntimas do Paraíso’, tamén a partir das 19.30 horas.A compañía Teatro Centro de Maiores Obra Social de Caixa Galicia representará ‘Yerma’ o día 26 ás 20.30 horas; Teatro o Trasno presentará o 27 ‘D2N2’ no mesmo horario; Teatro Bornelo escenificará a obra ‘O Mariñandía’ o 28 (20.30 horas) e pechará o certame o día 29 a compañía Teatro A Adala levando a escena ‘A derradeira batalla do marqués de Sargadelos’. Neste caso, a función principiará ás 19.30 horas.O día 30 de marzo terá lugar a clausura a IV Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Sada e procederase á entrega de premios. Ese mesmo día, a compañía de Teatro ‘A lembranza’ de Sada presentará dúas obras fora de concurso: ‘El cuartito de hora’ e ‘A qué venía yo’.

lunes, 17 de marzo de 2008